Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

NOVEMBRO, UN MES POLA IGUALDADE

Imagen
 

CIBERCONVIVENCIA POSITIVA

  Durante este curso e desde o departamento de Orientación do IES San Paio temos como obxectivo contribuír a que todo o alumnado faga un uso axeitado dos dispositivos móbiles e das aplicacións e redes sociais.  Ademais de diversas charlas divulgativas, traballarase sobre este tema  nas sesións de titoría. Por iso,  no   noso blog publicaremos material audiovisual de carácter didáctico, para reflexionar e axudar ao alumnado a coñecer os riscos e perigos dun mal uso de internet e das redes sociais , así como para favorecer unha ciberconvivencia positiva.

REVENGE PORN: UNHA VIOLACIÓN EXPLÍCITA DA PRIVACIDADE E GRAVÍSIMA FORMA DE CIBERVIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
    O obxectivo último  é causar un mal a outra persoa que non consentiu o uso  público das súas imaxes íntimas, É o fenómeno que máis está medrando e que crea unha maior vitimización. As mulleres  son as afectadas en case todos os casos.

NA INTERNET NON COMPARTAS IMAXES ÍNTIMAS

Imagen
Manexar imaxes íntimas nas redes é unha actividade de risco Non é culpa túa se alguén te acosa, chantaxea ou falla na súa confianza. Difundir imaxes íntimas dunha persoa sen o seu consentimento é un delito moi grave. Se es vítima de sextorsión, pide axuda e non cedas á chantaxe. Ane_16, unha historia de sextorsión e violencia sexual