Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Estudos de Grao

TITULACIÓNS DE GRAO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Imagen
 Achegamos unha ligazón coas titulacións de grao na USC. TITULACIÓNS DE GRAO NA USC

TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Imagen
Achegamos unha ligazón  coa listaxe de titulacións da Universidade da Coruña. Nesta universidade tes a opción de cursar graos abertos. Consulta neste blog cales son e en que consisten. Titulacións na UDC

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN NAS UNIVERSIDADES DE CASTELA E LEÓN

Imagen
 Aquí tedes unha ligazón para consultar os parámetros de ponderación nas universidades de Castela e León. PREME AQUÍ PARA CONSULTAR

CRITERIOS DE PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DE 2º DE BACHARELATO PARA O CURSO 26-27 EN GALICIA

Imagen
P onderacións das materias de 2de Bacharelato para acceso á universidade no curso 2026_2027 º   

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC O 14 E 15 DE ABRIL

 A USC organiza uns encontros virtuais para que cada estudante poida recibir información dos estudos de grao que lle interesan. O Día coa hora da conexión está accesible a partir da ligazón que deixamos nesta entrada, cada grao ten o seu propio horario.  Anímate a conectarte e participar!! ENCONTROS VIRTUAIS USC

GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍAS NA UNIVERSIDAE DE SANTIAGO/CAMPUS DE LUGO

Os Graos Abertos permiten cursar un primeiro ano de estudos con materias troncais de diferentes estudos universitarios dun ámbito de coñecemento para despois,  nun segundo ano,  decantarse por un deles, cunha toma de decisións baseada nos coñecemento adquiridos. A USC oferta o Grao Aberto en Enxeñerías no que se combinan materias de catro graos diferentes para despois, no segundo ano, decidirse por un deles, son:  Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria Enxeñería Civil Enxeñería dos Procesos Químicos Industriais Enxeñería Forestal e do Medio Natural  A nota de corte nas Probas de Acceso á Universidade para o curso 24/25 foi de 6,874 Deixámoste unha ligazón onde podes obter máis información. GRAO ABERTO ENXEÑERÍAS NA USC

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 Nesta entrada do blog deixámosvos unha ligazón para que consultedes a relación de graos que se poden cursar nos diferentes campus da Universidade de Vigo. Todos os cursos visitamos o seu campus de Marcosende co alumnado de 1º de Bacharelato e alí percorremos as instalacións das diversas facultades e recibimos información dos graos que nas mesmas se estudan,  GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍA INDUSTRIAL UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 Desde este blog queremos ofrecer información sibre distintas posibilidades de estudos de Grao que se ofrecen nas tres universidades de Galicia. Comezamos por  aqueles que son máis descoñecidos e novidosos como é o caso do Grao Aberto en Enxeñería Industrial que se imparte na UdC no seu campus de Ferrol. Deixámoste a ligazón que da acceso á explicación da organización e características deste Grao,  que como todos os graos abertos parte dunha formación troncal a partir da que cada estudante  vai ir decidindo a súa propia especialización e perfil profesional. GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

GRAO ABERTO EN CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 A Universidade da Coruña ofrece un Grao Aberto en Ciencias Socias e Xurídicas    no   que unha vez rematados os estudos, ademais de obter a titulación nun grao determinado deste ámbito , pódese obter un diploma de formación complementaria que pode facilitar o acceso ao mundo laboral.    A organización deste grao aberto consiste en cursar no 1º ano de estudos  determinadas materias troncais que pertecen a diferentes graos, entre estes  atópanse: ADE, Dereito, Turismo e Educación Social.  A partir do 2º curso xa se inician os estudos dun grao específico e ás materias do mesmo pódense engadir materias de formación complementaria. Podes obter máis información sobre estes estudos na seguinte ligazón. Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas