GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍAS NA UNIVERSIDAE DE SANTIAGO/CAMPUS DE LUGO

Os Graos Abertos permiten cursar un primeiro ano de estudos con materias troncais de diferentes estudos universitarios dun ámbito de coñecemento para despois,  nun segundo ano,  decantarse por un deles, cunha toma de decisións baseada nos coñecemento adquiridos.


A USC oferta o Grao Aberto en Enxeñerías no que se combinan materias de catro graos diferentes para despois, no segundo ano, decidirse por un deles, son: 

  • Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria
  • Enxeñería Civil
  • Enxeñería dos Procesos Químicos Industriais
  • Enxeñería Forestal e do Medio Natural

 A nota de corte nas Probas de Acceso á Universidade para o curso 24/25 foi de 6,874

Deixámoste unha ligazón onde podes obter máis información.


Comentarios

Entradas populares de este blog