Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ciberconvivencia

ATOPA O VERDADEIRO AMOR: SERIE DE CINCO VIDEOS PARA TRABALLAR NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA

Imagen
Atopa o verdadeiro amor é o título dunha serie de videos que teñen como finalidade previr a violecia de xénero entra as adolescentes. Deixamos aquí o cuarto vídeo titulado BANCO e que amosa unha situación que debemos evitar que aconteza. FÚTBOL: 1º Vídeo da serie "Encuentra el verdadero amor" Capítulo 3: TELEFONILLO A VIOLENCIA COMEZA CON FEITOS APARENTEMENTE INOFENSIVOS E, PERO QUE ENCERRAN UNHA GRANDE NECESIDAE DE CONTROL E MANIPULACIÓN. CAPÍTULO 5: CONTRASINAL O amor non forza nin coacciona.

CIBERSEGURIDAE: SERIE DE PEQUENAS CURTAMETRAXES SOBRE O USO SEGURO DO TELÉFONO MÓBIL

Imagen
É moi importante que usemos os teléfono móbiles e ordenadores de xeito seguro. Tedes aquí unha serie  de videos sobre o uso seguro dos mesmos.

FAMILIAS DIXITAIS (1)

Imagen
Inicio dunha serie de video sobre o papel das familias na educación dixital

FAMILIAS DIXITAIS

Imagen
FAD Xuventude publicou unha serie de videos chamados FAMILIAS DIXITAIS para que desde a familia se traballe no fomento do bo uso das tecnoloxías da información como  son internet ou as redes sociais e para prevenir conductas inaxeitadas e resolver conflitos. Agardo sexan de utilidade para toda a comunidade educativa.

VIDEOS PROMOCIONAIS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE O PROCESO DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Imagen

CIBERCONVIVENCIA POSITIVA

  Durante este curso e desde o departamento de Orientación do IES San Paio temos como obxectivo contribuír a que todo o alumnado faga un uso axeitado dos dispositivos móbiles e das aplicacións e redes sociais.  Ademais de diversas charlas divulgativas, traballarase sobre este tema  nas sesións de titoría. Por iso,  no   noso blog publicaremos material audiovisual de carácter didáctico, para reflexionar e axudar ao alumnado a coñecer os riscos e perigos dun mal uso de internet e das redes sociais , así como para favorecer unha ciberconvivencia positiva.

REVENGE PORN: UNHA VIOLACIÓN EXPLÍCITA DA PRIVACIDADE E GRAVÍSIMA FORMA DE CIBERVIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
    O obxectivo último  é causar un mal a outra persoa que non consentiu o uso  público das súas imaxes íntimas, É o fenómeno que máis está medrando e que crea unha maior vitimización. As mulleres  son as afectadas en case todos os casos.

NA INTERNET NON COMPARTAS IMAXES ÍNTIMAS

Imagen
Manexar imaxes íntimas nas redes é unha actividade de risco Non é culpa túa se alguén te acosa, chantaxea ou falla na súa confianza. Difundir imaxes íntimas dunha persoa sen o seu consentimento é un delito moi grave. Se es vítima de sextorsión, pide axuda e non cedas á chantaxe. Ane_16, unha historia de sextorsión e violencia sexual

CIBERCONVIVENCIA POSITIVA

Imagen
    As redes sociais son un xeito de comunicarnos que pode ser moi gratificante xa que nos permite conectar coas amizades que están lonxe e que non podemos ver a cotío. Permítenos consultar información interesante e do nos gusto e   charlar con outras persoa en moitos momentos do día. Sen embargo debemos coidar como transmitimos as nosas mensaxes e tamén os contidos que compartimos, Déixovos aquí unha pequena cuetametraxe para reflexionar  e con consellos para fomentar unha ciberconvivencia positiva. Video CIBERCONVIVENCIA POSITIVA