Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como convivencia_escolar

SÓ RESPIRA.

Imagen
Benvidos de novo. Tras o descanso de Nadal seguimos traballando no coñecemento e xestión das nosas emocións. Neste video aprendemos a manexar a ira e a frustración  cos exercicios de respiración. Aconséllote que o vexas e qe practique o que no mesmo se propón. Feliz 2026!!

A LEALDADE: UNHA DECISIÓN PERSOAL.

Imagen
Esta pequena curtametraxe fainos reflexionar sobre a lealdade . Podemos pensar como comportarnos cos nosos amigos e amigas, como é o noso trato cara ao animais  e como podemos mellorar a convivencia nos lugares nos que vivimos.

CONVIVENCIA E EMPATÍA

Imagen
Podes ter distinta actitude e diferentes  reaccións ante diversos acontecimentos da vida cotiá.   Cal pensas ti que che pode facer levar unha vida máis satisfactoria?.    Neste video convidámoste a reflexionar sobre o valor da empatía e da axuda.

ESTILO DE COMUNICACIÓN EFICAZ: A ASERTIVIDADE

Imagen
 

ERA YO, It's me

Imagen
 

MELLORANDO A CONVIVENCIA

Imagen
 Deixámosvos este video co que podemos aprender a detectar situacións que poden estragar as relacións entre compañeiros e compañeiras . Unha vez saibamos que tipo de actuacións e condutas non son axeitadas  para xerar un bo clima e para  mellorar a convivencia nas aulas e no instituto  poderemos evitalas.

CAL É O TEU SÚPER PODER?

Imagen
  O alumnado do IES San Paio participará nesta 3ª Xornada na que descrubriremos os nosos Súper Poderes

CIBERCONVIVENCIA POSITIVA

  Durante este curso e desde o departamento de Orientación do IES San Paio temos como obxectivo contribuír a que todo o alumnado faga un uso axeitado dos dispositivos móbiles e das aplicacións e redes sociais.  Ademais de diversas charlas divulgativas, traballarase sobre este tema  nas sesións de titoría. Por iso,  no   noso blog publicaremos material audiovisual de carácter didáctico, para reflexionar e axudar ao alumnado a coñecer os riscos e perigos dun mal uso de internet e das redes sociais , así como para favorecer unha ciberconvivencia positiva.

CIBERCONVIVENCIA POSITIVA

Imagen
    As redes sociais son un xeito de comunicarnos que pode ser moi gratificante xa que nos permite conectar coas amizades que están lonxe e que non podemos ver a cotío. Permítenos consultar información interesante e do nos gusto e   charlar con outras persoa en moitos momentos do día. Sen embargo debemos coidar como transmitimos as nosas mensaxes e tamén os contidos que compartimos, Déixovos aquí unha pequena cuetametraxe para reflexionar  e con consellos para fomentar unha ciberconvivencia positiva. Video CIBERCONVIVENCIA POSITIVA  

COIDA O QUE COMPARTES NAS REDES SOCIAIS

Imagen
 A s redes sociais son unha ferramenta marabillosa para manter  a relación coas amizades que están lonxe, seguir páxinas con información do noso interese e enterarnos da actualidade. Sen embargo debemos ter moito ollo á hora de compartir a nosa información privada e datos persoais, xa que en ocasións non sabemos que uso farán da mesma as persoas que teñen acceso a ela. Cóida o que compartes nas redes sociais!. Deixámos un pequeno video que nos axuda a reflexionar sobre este feito.

APRENDENDO A XESTIONAR AS EMOCIÓNS: A IRA

Imagen
 Neste dous videos poderás aprender algunhas estratexias que che axudarán a xestionar emocións como a ira. Poñelas en práctica contribuirá a que resolvas mellor situacións conflitivas, evitando a frustración e a agresividade,

IAN, UNHA HISTORIA SOBRE A INCLUSIÓN.

Imagen

ACOSO É VIOLENCIA

Imagen

DEFINICIÓN DE ACOSO ESCOLAR. SABER PARA PREVIR

Imagen
 QUE É O ACOSO ESCOLAR?  Despoios de ver este vídeo, comprenderemos mellor que é o acoso escolar e como previr que ocorra.