GRAO ABERTO EN CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Universidade da Coruña ofrece un Grao Aberto en Ciencias Socias e Xurídicas no que unha vez rematados os estudos, ademais de obter a titulación nun grao determinado deste ámbito , pódese obter un diploma de formación complementaria que pode facilitar o acceso ao mundo laboral.
A organización deste grao aberto consiste en cursar no 1º ano de estudos determinadas materias troncais que pertecen a diferentes graos, entre estes atópanse: ADE, Dereito, Turismo e Educación Social. A partir do 2º curso xa se inician os estudos dun grao específico e ás materias do mesmo pódense engadir materias de formación complementaria.
Podes obter máis información sobre estes estudos na seguinte ligazón.
Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas
Comentarios
Publicar un comentario