Esta pequena curtametraxe fainos reflexionar sobre a lealdade . Podemos pensar como comportarnos cos nosos amigos e amigas, como é o noso trato cara ao animais e como podemos mellorar a convivencia nos lugares nos que vivimos.
Na web Pantallas Amigas temos moitos videos que nos axudan a facer un uso axeitado das redes sociais, de internet e dos nosos dispositivos dixiatsi. Como exemplo deixámosvos este video sobre algunha das precaucións que debemos ter á hora de conectar as nosascámaras web..
FAD Xuventude publicou unha serie de videos chamados FAMILIAS DIXITAIS para que desde a familia se traballe no fomento do bo uso das tecnoloxías da información como son internet ou as redes sociais e para prevenir conductas inaxeitadas e resolver conflitos. Agardo sexan de utilidade para toda a comunidade educativa.