ORIENTACIÓN ACADÉMICA
A or ientación académica é un dos ámbitos de intervención máis importantes dentro das funcións que desenvolven os Departamentos de Orientación dos centros de Educación Secundaria. Na orientación académica compre ter en conta estes aspectos: axudar ao alumnado no desenvolvemento do autocoñecemento, facilitar o acceso a unha boa información e asesoralo para que aprenda o que é o proceso de toma de decisións . Ao longo da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato todos os alumnos e alumnas estaredes suxeitos a tomar decisións en canto ás materias optativas , itinerarios e modalidades de bacharelato, barallar as variables anteditas facilitará unha axeitada decisóns ou cando menos unha decisión autónoma e fundamentada. Os titores, a orientadora e o profesorado en xeral colaborarán na axeitada orientación académica dos alumnos e alumnas .