ELABORAR MAPAS CONCEPTUAIS
Outra estratexia de estudo e a elaboración de mapas conceptuais. De xeito visual axudan a organizar a información partindo dos conceptos claves do tema que estamos a estudar. Nós podemos organizalos e relacionalos entre si de xeito esquemático o que nos dará unha visión xeral do que estamos a estudar no momento do repaso e nos obrigará a unha reflexión sobre o que estudamos no momento da súa elaboración. Os mapas conceptuais poden elaborarse de seito manual, pero hai moitas aplicacións gratuitas que nos axudarán a facelos de xeito rápido e creativo. Aquí deixamos a modo de exemplo o inicio da elaboración dun mapa conceptual sobre a orientación elaborado na aplicación Go Conqr.
Comentarios
Publicar un comentario