Achegamos unha ligazón coa listaxe de titulacións da Universidade da Coruña. Nesta universidade tes a opción de cursar graos abertos. Consulta neste blog cales son e en que consisten. Titulacións na UDC
Benvidos de novo. Tras o descanso de Nadal seguimos traballando no coñecemento e xestión das nosas emocións. Neste video aprendemos a manexar a ira e a frustración cos exercicios de respiración. Aconséllote que o vexas e qe practique o que no mesmo se propón. Feliz 2026!!
Desde o blog Justifica tu Respuesta compartimos esta infografía con 40 estados emocionais. Aprender a recoñecer as nosas emocións, identificalas e nomealas e o primeiro paso para obter unha boa xestión das mesmas e tamén unha condición para mellorar na nosa competencia emocional.