Entradas

NOVOS ITINERARIOS EN 1º BACHARELATO DO IES SAN PAIO

Itinerarios 1º Bacharelato  

TITULACIÓNS DE GRAO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Imagen
 Achegamos unha ligazón coas titulacións de grao na USC. TITULACIÓNS DE GRAO NA USC

TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Imagen
Achegamos unha ligazón  coa listaxe de titulacións da Universidade da Coruña. Nesta universidade tes a opción de cursar graos abertos. Consulta neste blog cales son e en que consisten. Titulacións na UDC

SÓ RESPIRA.

Imagen
Benvidos de novo. Tras o descanso de Nadal seguimos traballando no coñecemento e xestión das nosas emocións. Neste video aprendemos a manexar a ira e a frustración  cos exercicios de respiración. Aconséllote que o vexas e qe practique o que no mesmo se propón. Feliz 2026!!

VOCABULARIO EMOCIONAL

Imagen
Desde o blog Justifica tu Respuesta compartimos esta infografía con 40 estados emocionais. Aprender a recoñecer as nosas emocións, identificalas e nomealas e o primeiro paso para obter unha boa xestión das mesmas e tamén unha condición para mellorar na nosa competencia emocional.

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS: 10 DE DECEMBRO

Imagen
 

MAPAS CONCEPTUAIS: O SEU USO NA AULA E APRENDIZAXE COLABORATIVA

Imagen
 

ALGÚNS CONSELLOS PARAFACER RESUMES

Imagen
 

EDUHABILIDADES: ALGÚNS CONSELLOS PARA FACER UNHA BOA PRESENTACIÓN

Imagen
 

MAPA INTERACTIVO DA FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA

Ligazón á páxina de FP Galicia MAPA INTERACTIVO

COMPETENCIAS EMOCIONAIS

  COMPETENCIAS EMOCIONAIS "Ninguén nace con competencias emocionais: hai que aprendelas, son competencias que adquirimos ao longo de toda a vida, é unha aprendizaxe que paga a pena. O desenvolvemento de competencias emocionais favorece unha mellor adaptación ao contexto social e laboral e un mellor afrontamento dos retos que plantexa a vida". Rafael Bisquerra COMPETENCIAS EMOCIONAI S :   CONCIENCIA E REGULACIÓN EMOCIONAL  AUTONOMÍA  HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS EMOCIONATE

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN NAS UNIVERSIDADES DE CASTELA E LEÓN

Imagen
 Aquí tedes unha ligazón para consultar os parámetros de ponderación nas universidades de Castela e León. PREME AQUÍ PARA CONSULTAR

CRITERIOS DE PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DE 2º DE BACHARELATO PARA O CURSO 26-27 EN GALICIA

Imagen
P onderacións das materias de 2de Bacharelato para acceso á universidade no curso 2026_2027 º   

ATOPA O VERDADEIRO AMOR: SERIE DE CINCO VIDEOS PARA TRABALLAR NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA

Imagen
Atopa o verdadeiro amor é o título dunha serie de videos que teñen como finalidade previr a violecia de xénero entra as adolescentes. Deixamos aquí o cuarto vídeo titulado BANCO e que amosa unha situación que debemos evitar que aconteza. FÚTBOL: 1º Vídeo da serie "Encuentra el verdadero amor" Capítulo 3: TELEFONILLO A VIOLENCIA COMEZA CON FEITOS APARENTEMENTE INOFENSIVOS E, PERO QUE ENCERRAN UNHA GRANDE NECESIDAE DE CONTROL E MANIPULACIÓN. CAPÍTULO 5: CONTRASINAL O amor non forza nin coacciona.

BENVIDA PARA O CURSO 25/26

Imagen
 Un novo curso comeza e con el unha morea de actividades, saídas e charlas que se organizan desde o departamento de Orientación do IES San Paio.  Xa temos algunhas case organizadas e por suposto moitas que xa comezan a ser habituais e que pensamos volver realizar: saída á Universidade de Vigo a coñecer as súas facultades, saída a FORMAMOS, charlas da UVIGO E USC sobre os estudos que ofertan e o acceso á Universidade, saída a INNOVART, entre outras. Desexámosvos a todos un curso cheo de experiencias positivas e de retos motivadores. Comezamos!!

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC O 14 E 15 DE ABRIL

 A USC organiza uns encontros virtuais para que cada estudante poida recibir información dos estudos de grao que lle interesan. O Día coa hora da conexión está accesible a partir da ligazón que deixamos nesta entrada, cada grao ten o seu propio horario.  Anímate a conectarte e participar!! ENCONTROS VIRTUAIS USC

GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍAS NA UNIVERSIDAE DE SANTIAGO/CAMPUS DE LUGO

Os Graos Abertos permiten cursar un primeiro ano de estudos con materias troncais de diferentes estudos universitarios dun ámbito de coñecemento para despois,  nun segundo ano,  decantarse por un deles, cunha toma de decisións baseada nos coñecemento adquiridos. A USC oferta o Grao Aberto en Enxeñerías no que se combinan materias de catro graos diferentes para despois, no segundo ano, decidirse por un deles, son:  Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria Enxeñería Civil Enxeñería dos Procesos Químicos Industriais Enxeñería Forestal e do Medio Natural  A nota de corte nas Probas de Acceso á Universidade para o curso 24/25 foi de 6,874 Deixámoste unha ligazón onde podes obter máis información. GRAO ABERTO ENXEÑERÍAS NA USC

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 Nesta entrada do blog deixámosvos unha ligazón para que consultedes a relación de graos que se poden cursar nos diferentes campus da Universidade de Vigo. Todos os cursos visitamos o seu campus de Marcosende co alumnado de 1º de Bacharelato e alí percorremos as instalacións das diversas facultades e recibimos información dos graos que nas mesmas se estudan,  GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍA INDUSTRIAL UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 Desde este blog queremos ofrecer información sibre distintas posibilidades de estudos de Grao que se ofrecen nas tres universidades de Galicia. Comezamos por  aqueles que son máis descoñecidos e novidosos como é o caso do Grao Aberto en Enxeñería Industrial que se imparte na UdC no seu campus de Ferrol. Deixámoste a ligazón que da acceso á explicación da organización e características deste Grao,  que como todos os graos abertos parte dunha formación troncal a partir da que cada estudante  vai ir decidindo a súa propia especialización e perfil profesional. GRAO ABERTO EN ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

GRAO ABERTO EN CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 A Universidade da Coruña ofrece un Grao Aberto en Ciencias Socias e Xurídicas    no   que unha vez rematados os estudos, ademais de obter a titulación nun grao determinado deste ámbito , pódese obter un diploma de formación complementaria que pode facilitar o acceso ao mundo laboral.    A organización deste grao aberto consiste en cursar no 1º ano de estudos  determinadas materias troncais que pertecen a diferentes graos, entre estes  atópanse: ADE, Dereito, Turismo e Educación Social.  A partir do 2º curso xa se inician os estudos dun grao específico e ás materias do mesmo pódense engadir materias de formación complementaria. Podes obter máis información sobre estes estudos na seguinte ligazón. Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas